Programa EMERXENDO- ITINERARIOS DE INCLUSIÓN E TRANSICIÓN AO EMPREGO, dende o 1 de maio de 2025 ata o 30 de abril de 2027.
Programa subvencionado conforme a ORDE do 27 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades privadas de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2023 a 2025, cofinanciada parcialmente pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS631A).
DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN
Emerxendo, Itinerarios de inclusión e transición ao emprego, contempla o desenvolvemento de actuacións de itinerarios individualizados, personalizados e adaptados a cada persoa participante. Neste sentido, esta actuación contempla as actividades previas de diagnóstico, concreción do perfil profesional e optimización do CV para, finalmente, deseñar un itinerario personalizado de busca de emprego e/ou de carácter formativo. Complementariamente a isto, tamén se realizarán accións informativas e formativas para fortalecer as capacidades e habilidades persoais e sociais das persoas, dotalas de recursos para a busca de emprego en contornas dixitais (adestramento das TIC), información sobre dereitos laborais e inmigración e tarefas de acompañamento social e seguimento personalizado.
OBXECTIVO
- Mellorar a empregabilidade das persoas participantes
- Potenciar e mellorar a calidade de vida das persoas participantes
- Favorecer a inserción sociolaboral das persoas participantes
- Consolidar e fortalecer as redes entre entidades sociais e administracións públicas
PERSOAS DESTINATARIAS
De acordo co artigo 3, sobre criterios para a valoración da situación de exclusión social ou de risco de exclusión social, da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de Inclusión Social de Galicia, considéranse destinatarias aquelas persoas desempregadas ou con empregos precarios que se atopan en situación de vulnerabilidade ou risco de exclusión social, derivada da falta de recursos económicos e sociais.














