Dentro do Programa “Compostela Convive” de 2023, imos desenvolver o sábado 17 de xuño, o encontro/conversatorio “COIDA A TÚA MENTE E COIDARÁS O TEU CORPO: AUTOCOIDADOS MENTAIS”.

Dirixido prioritariamente a persoas migrantes desempregadas ou con emprego precario. Esta proposta é para ter un espazo de encontro onde coñecer e compartir experiencias de compañeiras diversas, migradas e/ou racializadas, para contribuír a visibilizar sobre a realidade intercultural no concello de Santiago.

Actividade subvencionada pola Unidade de Atención ás Migracións ( UAMI ) do Concello de Santiago de Compostela.

Enlace páxina Unidade de Atención ás Migracións. UAMI