Para contribuír a visibilizar e sensibilizar sobre a realidade intercultural do concello de Santiago, dentro do Proxecto “Compostela Convive” de 2022, imos desenvolver o encontro/conversatorio “FACENDONOS MAIS FORTES. ANCESTRALIDADE, IDENTIDADE E RESILIENCIA”, dirixido prioritariamente a persoas migrantes desempregadas ou con emprego precario. Esta proposta é para ter un espazo de encontro onde coñecer e compartir experiencias de compañeiras diversas, migradas e/ou racializadas, cara a reflexionar sobre as causas socioeconómicas e políticas que motivan os fluxos migratorios e analizar os procesos migratorios dende a ollada das persoas protagonistas.

Actividade subvencionada pola Unidade de Atención ás Migracións ( UAMI ) do Concello de Santiago de Compostela.

Enlace páxina UAMI