O acto público de presentación da memoria de actividades permitíu, dous anos despois, a presencia dun bo número de representantes doutras administracións e entidades que participan na rede da Plataforma polo Emprego, e das empresas coas que mantemos convenios de colaboración.
A memoria do ano 2021 inclúe as actividades de Orientación e Inserción Socio-laboral, Formación socioprofesional, Promoción do Emprego e Emprendemento, que inclúe a Empresa de Inserción Laboral propia, (Compostela Inserta EIL, S.L), Sensibilización Social, Promoción e Actuación en Rede. En números moi sintéticos: 1.120 persoas participantes das accións da entidade; 148 persoas formadas; 2.597 actuacións rexistradas; 223 itinerarios de inserción; 121 insercións; 3 empresas constituídas; Tamén titorizamos e desenvolvemos a empresa de inserción laboral Compostela Inserta EIL S.L. que contou ao longo do ano con 11 traballadoras e traballadores.
NO ACTO PARTICIPARON
- SECRETARIA XERAL DE APOIO AO EMPREGO AUTÓNOMO E ECONOMÍA SOCIAL, Dna. COVADONGA TOCA CARÚS.
- 1ª TENENTE DE ALCALDE, CONCELLEIRA DE URBANISMO, VIVENDA, CIDADE HISTÓRICA, ACCIÓN CULTURAL E IGUALDADE, Dna. MERCEDES ROSÓN FERREIRO.
- PRESIDENTE DA ENTIDADE, Don. MIGUEL FERNÁNDEZ BLANCO.
No transcurso do acto tivo lugar tamén:
-Lectura dramatizada dalgúns textos do libro de ESTHER CARRODEGUAS “Malcriada “ a cargo da actriz BELÉN CONSTENLA. Relatos que xurdíron coa colaboración da Asociación de Empregadas de Fogar Xiara (integrante da rede da Plataforma polo Emprego).
-A continuación procedeuse á entrega de diplomas acreditativos dalgunhas das accións formativas que se desenvolveron ao longo do ano 2021-22 en Santiago.