A Plataforma Polo Emprego dentro das actividades do Programa “Compostela Convive”, que forma parte do convenio subvencionado polo Concello de Santiago, vai levar a cabo o FESTIVAL INTERCULTURAL, que se celebrará domingo 9 de setembro de 2018, durante todo o día na Alameda de Santiago.
Poderase degustar as comidas típicas, ver e participar dos bailes tradicionais e da música de diferentes nacionalidades, xunto con outras actividades culturais.
¡Animádevos a participar e desfrutar!