A Plataforma Polo Emprego dentro das ACTIVIDADES INTERCULTURAIS do Programa “COMPOSTELA CONVIVE”, que forma parte do convenio subvencionado polo Concello de Santiago, imos levar a cabo o FESTIVAL INTERCULTURAL, que se celebrará o domingo 12 de setembro de 2021, durante todo o día na Alameda de Santiago de Compostela.
Haberá mostra e degustación de comidas típicas de diferentes países, e ademáis, música en directo, bailes tradicionais de diferentes nacionalidades, poemas e outras actividades culturais.
¡Animádevos a participar e desfrutar!
Visita do alcalde, Xosé Sánchez Bugallo ao festival intercultural Compostela Convive, que se celebrou na Alameda, acompañado da concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, e do presidente da Plataforma polo Emprego, Miguel Fernández, entidade organizadora deste evento.