Na Plataforma observamos que hai un claro crecemento da demanda e necesidade social de dar cobertura aos servizos de atención ós coidados a persoas dependentes en Santiago e comarca; co fin de capacitar de forma práctica e áxil a un grupo de 15 persoas, nun ámbito profesional concreto e dos que recibimos na nosa bolsa de emprego ofertas laborais, que non sempre podemos cubrir por falta de capacitación; para dar resposta a esta demanda, imos levar a cabo dentro das actividades do PACTO POLO EMPREGO do Concello de Santiago, a formación de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes no Domicilio. Contidos: 1. A Dependencia – Concepto – Marco legal – Principios básicos – Servizos 2. O técnico en atención á persoas en situación de dependencia 3. Psicoloxía básica aplicada á atención psicosocial domiciliaria 4. Relación social coas persoas dependentes 5. Coidados principais 6. O ambiente como factor favorecedor da autonomía persoal, comunicación e relación social 7. Estratexias de intervención psicosocial e intervención na autonomía persoal 8. Intervención e apoio na resolución de xestións e no entorno familiar 9. Axudas técnicas e tecnolóxicas para a vida cotiá 10. Motivación e aprendizaxe das persoas dependentes 11. Servizos de atención domiciliaria |
Consulte a nosa política de privacidade