A Plataforma Polo Emprego, dentro do Programa “EMERXENDO”, poñemos en marcha a formación para a preparación das Competencias Clave nivel 2 para a convocatoria de 2022, en colaboración cos Equipos de Inclusión da Xunta de Galicia. A formación impartirase nas localidades de Ames (Milladoiro), Boiro, Noia,  e Padrón, en horario de 9:00 a 14:00 hs.

Esta formación está subvencionada pola Dirección Xeral de Inclusión Social da Consellería de Política Social, Xunta de Galicia.

DOG da convocatoria

Información sobre as COMPETENCIAS CLAVE