Dentro do Programa “Compostela Convive” de 2021, imos impartir o curso de informática básica para a busca de emprego e inmersión lingüística, preferentemente para persoas migrantes desempregadas ou con empregos precarios. Do 7 ao 11 de xuño de 2021, no Centro Sociocultural de Vite en Santiago de Compostela.

CONTIDO:

  • Adestramento e práctica no uso das novas tecnoloxías
  • Inmersión lingüística para o desenvolvemento da vida diaria
  • Preparacion básica competencia clave nivel 2 en Lingua galega
  • Dereitos laborais e busca de emprego
  • Habilidades para a busca de emprego
  • Igualdade de oportunidades