Para contribuír a visibilizar e sensibilizar sobre a realidade intercultural do concello de Santiago, dentro do Proxecto “Compostela Convive” de 2021, imos levar a cabo o encontro/conversatorio “XUNTAS E DIVERSAS”, COMPARTINDO EXPERIENCIAS, dirixido prioritariamente a persoas migrantes desempregadas ou con emprego precario. Esta proposta é ter un espazo de encontro onde coñecer e compartir experiencias de compañeiras diversas, migradas e/ou racializadas.
Actividade subvencionada pola Concellaría de Políticas Sociais e saúde, UAMI. Concello de Santiago de Compostela.