No marco do Programa “Compostela Convive”,  imos levar a cabo o sábado 10 de setembro de 2022, a actividade “OBRADOIROS DE COCIÑA INTERCULTURAL”, no centro sociocultural de FONTIÑAS, rúa Berlín, 13, 15707 Santiago de Compostela.

Este obradoiro forma parte das actividades interculturais, que contribúen a visibilizar e sensibilizar sobre a realidade intercultural do concello de Santiago, e promoven a convivencia na sociedade galega de acollida.

Actividade subvencionada pola Unidade de Atención ás Migracións (UAMI) do Concello de Santiago.