Dende a Plataforma, detectamos a necesidade de adquirir e mellorar o manexo de competencias dixitais básicas para facilitar as persoas destinatairas, tanto o seu uso na vida diaria coma a súa empregabilidade e inserción sociolaboral. Para dar resposta a esta necesidade, imos impartir o curso “INMERSIÓN DIXITAL, con preferencia para as persoas maiores de 45 anos.

CONTIDOS:

Fontes de información e buscadores.

– Principais portais webs para a procura de emprego e uso na vida diaria.

– Uso do correo electrónico, SMS e WhatsApp para a busca de emprego.

– Redes sociais (linkedin, instagram, facebook…)

– Privacidade e seguridade nas redes.

– Habilidades sociais, igualdade, fortalecemento persoal.