Acto de entrega de diplomas e presentación pública da memoria de actividades do ano 2017. A memoria deste ano inclúe as actividades de Orientación e Inserción Socio-laboral, Formación socioprofesional, Promoción do Emprego e Emprendemento, que inclúe unha empresa de inserción propia, ( Compostela Inserta EIL, S.L), Sensibilización Social, Promoción e Actuación en Rede. En números moi sintéticos: 899 persoas beneficiarias de accións de orientación e inserción socio laboral, 109 de formación en Competencias Clave; 35 beneficiarias de 4 accións específicas de formación socioprofesional; 32 participantes nos Obradoiros de Emprendemento; 453 accións de orientación para a busca de emprego; 20 participantes nos equipos de busca de emprego colaborativo (Programa ESTEO); aprox. 100 persoas atendidas nas actividades do Foro da Innovación no Emprego, Economía Circular. A isto debemos engadir, 30 proxectos de emprendemento asesoradose 6 empresas constituídas, así como 86 Insercións rexistradas en 2017. Tamén titorizamos e desenvolvemos a empresa de inserción laboral Compostela Inserta EIL S.L.
Enlace a Memoria. 2017