No marco do Programa Achegando, desenvolvemos un curso de Inmersión Lingüística e Cultural dirixido principalmente a persoas migrantes. Esta acción formativa ten como finalidade favorecer a integración sociolaboral das persoas participantes, reforzando as súas competencias lingüísticas e o coñecemento do contorno social e cultural, no ámbito de influencia do concello de Santiago de Compostela.
Datas: 02 ao 06 de febreiro de 2026
Duración: 25 horas
Horario: 9:00 a 14:00 h
Lugar: Centro Sociocultural José Saramago – VITE (Rúa de Carlos Maside, 7. Santiago)
Destinatarias/os: Preferentemente persoas migrantes desempregadas ou en situación de emprego precario, que se atopen en situación de vulnerabilidade ou risco de exclusión social.
Propósito da formación
- Fomentar a interacción coa cultura local, facilitando a convivencia intercultural e a integración sociocultural e laboral
- Desenvolver habilidades sociais empregando novas tecnoloxías aplicadas á busca de emprego
Obxectivos principais
- Achegar o idioma e a cultura da sociedade de acollida ás persoas migrantes
- Promover a adquisición de recursos sociais e dixitais para o desenvolvemento social e laboral
- Facilitar o proceso de recibimento das persoas migrantes a través do coñecemento da sociedade de acollida
- Fomentar a integración e a permanencia no mercado laboral das persoas participantes
Contidos do curso
- Coñecemento histórico-cultural da sociedade galega e española
- Inmersión lingüística en galego e castelán, centrada no uso funcional das linguas en situacións da vida diaria
- Desenvolvemento de competencias dixitais orientadas á xestión da vida persoal, formativa e laboral
- Mellora das habilidades sociais e comunicativas
- Formación básica en dereitos laborais e adquisición de ferramentas para a busca activa de emprego.
- Enfoque transversal e específico da igualdade de xénero
Actuación financiada a través da ORDE do 23 de maio de 2025 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades privadas de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2025 a 2027, cofinanciada parcialmente pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS631A).
Se queres máis información, non dubides en contactar connosco.
Plataforma polo Emprego:
981 58 05 06
698 17 06 90
604 029 931













