A Plataforma polo Emprego, no marco do programa “EMERXENDO_PRE_COMPETENCIAS CLAVE 2”, pon en marcha un curso de preparación das Competencias Clave de nivel 2 (Matemáticas, Lingua Galega e Lingua Castelá), en colaboración cos Equipos de Inclusión da Xunta de Galicia.
Esa formación adaptada impartirase na localidade do Milladoiro (Ames), en horario de 9:00 a 14:00 horas, e desenvolverase os luns, mércores e venres.
O inicio da acción formativa será o mércores 8 de abril de 2026.
Se queres obter máis información sobre as competencias clave, preme aquí.








