COMPOSTELA INSERTA ASINA O CONVENIO PARA RECOLLIDA OFICIAL DO ACEITE VEXETAL USADO CO CONCELLO DE SANTIAGO E A ASOCIACIÓN DE HOSTALERÍA.

COMPOSTELA INSERTA É A EMPRESA  OFICIAL DE RECOLLIDA DE ACEITE VEXETAL NOS ESTABLECEMENTOS HOSTALEIROS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

O pasado día 2 de outubro, no Pazo de Raxoi, asinamos co Concello de Santiago de Compostela e coa Asociación de Hostalería o convenio de recollida de aceite usado, convertíndonos deste xeito, na empresa de referencia para levar a cabo esta labor.

Foto sinatura convenio
Pegatina campaña Responsabilízate

O obxetivo é sensibilizar á cidadanía da importancia da Responsabilidade Social, da responsabilidade común e traballo conxunto, e da Economía Circular, xa que a recollida de aceite que levamos a cabo destínase directamente á súa conversión en biodiesel.

É por ese motivo, polo que as 3 entidades poñemos en marcha unha campaña publicitaria que conta co apoio de Cafés Candelas: Recíclao!! Responsabilízate!!

A campaña ten como finalidade que os establecementos hostaleiros coñezan o traballo de Compostela inserta Eil, S.L no ámbito da inserción social de persoas en situación ou risco de exclusión social, a importancia no cumprimento da normativa legal, así coma o fomento da reciclaxe e impulso da economía circular deste residuo.

Para elo, establécese un premio pola colaboración e participación na campaña (participación automática) pola simple entrega do aceite vexetal que produce o establecemento hostaleiro a Compostela Inserta Eil,S.L.

Trátase dun premio anual, que se divide en 3 categorías:

  • Categoría 1: Restaurantes
  • Categoría 2: Hoteis
  • Categoría 3: Cafeterías –Bares.

O premio é un recoñecemento, entregado aos primeiros clasificados de cada categoría, polo Concello de Santiago, a Asociación de Hostalería e Compostela Inserta Eil, S.L, nun acto público premiando a súa responsabilidade social  e un lote de productos para os establecementos hostaleiros, doados para a campaña por Cafés Candelas.

Para máis información ver Tríptico aceite

Ver nova sinatura convenio Concello de Santiago