No marco do PROGRAMA ACAROAR, dentro das actividades de formación e de promoción do acceso ás novas tecnoloxías; imos levar a cabo o curso/actividade “Uso das novas tecnoloxías para o emprego e a vida diaria”.
Obxectivo:
– Adquisición de recursos e habilidades sociais para o emprego coa utilización axeitada das novas tecnoloxías.
-Fomentar as relacións interxeracionais e interterritoriais entre mulleres traballadoras de fogar e coidados.
-Promover o fortalecemento ou o apoderamento das mulleres.
-Poñer en valor a necesidade e a importancia social do traballo de fogar e os coidados.
Descrición: Acción formativa en aula de informática onde se traballará as habilidades sociolaborais para o emprego, Igualdade de xénero e o manexo das novas tecnoloxías ( redes sociais, manexo axeitado das webs de emprego, xestións diarias coas administracións públicas, certificados dixitais, ciberseguridade…..).