Dentro do Programa  CABO DELA, imos impartir o curso: “Técnicas de MOBILIZACIÓN DE PERSOAS DEPENDENTES NO DOMICILIO”, con esta formación queremos mellorar a empregabilidade das persoas participantes, preferentemente mulleres desempregadas e/ou con emprego precario, no sector dos COIDADOS.

CONTIDOS:

–  Concepto de dependencia

–  Marco legal

–  Principios básicos na atención á dependencia

–  Servizos para atender ás persoas dependentes

–  Mobilidade da persoa dependente

–  Técnicas de mobilización, traslado e deambulación

–  Toma de constantes vitais

–  Técnicas de seguridade e primeiros auxilios

–  Igualdade de Xénero e Habilidades Sociais

–  Avaliacións

Duración: 50 horas