Dentro do Programa “ACAROAR”, imos impartir a acción formativa “USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS PARA O EMPREGO E A VIDA DIARIA”, actuación financiada polo Concello de Santiago de Compostela.
As actividades dentro do Proxecto Acaroar trátanse dunha serie de programas de fomento da igualdade efectiva entre homes e mulleres, a través de accións permanentes de información, asesoramento e orientación sociolaboral ás traballadoras de fogar e do sector de coidados. As actividades contemplan tamén a adquisición de recursos dixitais para o desenvolvemento persoal e social das persoas participantes, así como a promoción de emprego de calidade e en condicións dignas.
De maneira trasversal e contínua, impulsan a igualdade de xénero e a non discriminación múltiple das persoas traballadoras do fogar.
Data: 22, 23, 24 de xullo 2024 (Centro Sociocultural José Saramago – VITE) e 29 e 30 de xullo 2024 (CSC Fontiñas). En total, 5 días de formación.
Duración: 25 horas
Horario: 9h a 14h
Lugar: Centro Sociocultural José Saramago – VITE e CSC Fontiñas
Destinatarias/os: Preferentemente mulleres desempregadas ou con emprego precario en situación de vulnerabilidade e risco de exclusión social; traballadoras de fogar e do sector de coidados
A través desta formación queremos:
- Facilitar a adquisición de habilidades sociais por medio do uso das novas tecnoloxías para o emprego
- Promover o fortalecemento e o apoderamento das mulleres
- Poñer en valor a necesidade e a importancia social do traballo de fogar e os coidados na cidade de Santiago de Compostela
CONTIDOS:
- Adestramento e práctica no uso das novas tecnoloxías
- Adquisición de recursos persoais, sociais e dereitos laborais para o desenvolvemento no mercado de traballo
- Promocionar a igualdade de xénero e a non discriminación múltiple das traballadoras de fogar e coidados
- Habilidades sociais, igualdade, fortalecemento e apoderamento das traballadoras de fogar e do sector de coidados.