O domingo 8 de setembro de 2024, imos levar a cabo o FESTIVAL INTERCULTURAL, no paseo central da Alameda de Santiago de Compostela. Esta é unha das ACTIVIDADES INTERCULTURAIS do Programa “COMPOSTELA CONVIVE”, que forma parte do convenio subvencionado pola Unidade de Atención ás Migracións (UAMI) do Concello de Santiago de Compostela,
Haberá mostra e degustación de comidas típicas de Chile, Colombia, Ecuador, Paraguai, Perú, República Dominicana e Venezuela; ademáis, música en directo, bailes tradicionais das diferentes nacionalidades, e outras actividades culturais.
¡Animádevos a participar e desfrutar!