No marco do Programa CABO DELA, orientado ao fomento do apoderamento e a capacitación profesional das mulleres e financiado pola Deputación da Coruña, imos levar a cabo unha acción formativa sobre Intelixencia Artificial e aplicación nas Habilidades Dixitais. Esta formación está dirixida, prioritariamente, a mulleres en risco de exclusión social.

  • Datas: 19, 20, 21, 22, 26, 27, 28 e 29 de novembro de 2024 (8 días)
  • Duración: 40 horas
  • Horario: 09h a 14h
  • Lugar: Casa das Asociacións de Cornes. Santiago de Compostela
  • Destinatarias: prioritariamente mulleres migrantes desempregadas ou con emprego precario, en situación de vulnerabilidade ou risco de exclusión social

Obxectivos da formación:

  • Ofrecer recursos e ferramentas dixitais no ámbito formativo e no ámbito persoal e de procura de emprego; orientación e acompañamento á inserción socio laboral
  • Desenvolver habilidades sociais mediante o uso das novas tecnoloxías aplicadas ao fortalecemento e apoderamento persoal e profesional das mulleres.

Contidos do curso:

  1. Que é a Intelixencia Artificial (IA)
  2. Como funciona unha Intelixencia Artificial (IA)
  3. Aplicación da Intelixencia Artificial (IA) aos Recursos Humanos (RR.HH.)
  4. Detectores de uso de Intelixencia Artificial (IA)

(Esta actividade está financiada pola Deputación da Coruña, cun importe total de 10.709,55 euros e un coeficiente de 0,8000)