No marco do Programa CABO DELA, orientado ao fomento do apoderamento e a capacitación profesional das mulleres e financiado pola Deputación da Coruña, imos levar a cabo unha acción formativa sobre “Técnicas de mobilización de persoas dependentes no domicilio“. Esta formación está dirixida, prioritariamente, a mulleres en risco de exclusión social.
- Datas: 9, 10, 11, 12, 13, 16, 17, 18, 19 e 20 de decembro de 2024 (10 días)
- Duración: 50 horas
- Horario: 09h a 14h
- Lugar: Edificio CERSIA, Rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n S. Lázaro, Santiago de Compostela
Destinatarias: prioritariamente mulleres desempregadas ou con emprego precario, en situación de vulnerabilidade ou risco de exclusión social e persoas interesadas no coidado de persoas dependentes no domicilio.
Obxectivos da formación:
- Mellorar a capacitación profesional e a empregabilidade das mulleres para facilitar o acceso ao emprego.
Contidos do curso:
– Concepto de dependencia
– Marco legal
– Principios básicos na atención á dependencia
– Servizos para atender ás persoas dependentes
– Mobilidade da persoa dependente
– Técnicas de mobilización, traslado e deambulación
– Toma de constantes vitais
– Técnicas de seguridade e primeiros auxilios
Formación transversal:
– Igualdade de Xénero e Habilidades Sociais
– Técnicas de Busca Activa para o Emprego
– Avaliacións
(Esta actividade está financiada pola Deputación da Coruña, cun importe total de 10.709,55 euros e un coeficiente de 0,8000)