No marco do Programa “Achegando”, imos levar a cabo un curso de Inmersión Lingüística e Cultural. Esta acción formativa está orientada principalmente ao colectivo de persoas migrantes, co obxectivo de promover a integración sociolaboral das persoas participantes na área de influencia do concello de SANTIAGO DE COMPOSTELA.

Data: 14 ao 22 de outubro de 2024 (7 días)
Duración: 35 horas
Horario: 9h a 14h
Lugar: Centro Sociocultural José Saramago (VITE)
Destinatarias/os: Persoas migrantes desempregadas ou en situación de emprego precario, que se atopen en situación de vulnerabilidade ou risco de exclusión social.

O propósito desta formación é:

  • Fomentar a interacción coa cultura local, facilitando a convivencia intercultural e a integración sociocultural e laboral.
  • Promover o desenvolvemento de habilidades sociais mediante o uso das novas tecnoloxías aplicadas á busca de emprego.

OBXECTIVOS QUE SE PRETENDEN ACADAR:

  • Achegar o idioma e a cultura da sociedade de acollida ás persoas migrantes
  • Promover a adquisición de recursos sociais e dixitais para o desenvolvemento social e laboral
  • Facilitar o proceso de recibimento das persoas migrantes a través do coñecemento da sociedade de acollida
  • Fomentar a integración e a permanencia no mercado laboral das persoas participantes do Programa

CONTIDOS:

  1. Coñecemento e estudo histórico-cultural da sociedade galega e española, visita virtual a un espazo cultural
  2. Inmersión lingüística para o desenvolvemento da vida diaria
  3. Competencias dixitais
  4. Habilidades sociais e de comunicación
  5. Dereitos laborais e ferramentas para a busca de emprego
  6. Igualdade de xénero

 

(Actuación subvencionada a través da ORDE do 27 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades privadas de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2023 a 2025, cofinanciada parcialmente pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria – código de procedemento BS631A)