O programa ACAROAR está deseñado para fomentar a igualdade efectiva entre homes e mulleres, especialmente nos ámbitos do traballo doméstico e dos coidados. Os seus obxectivos e actuacións están orientados a mellorar as condicións laborais e sociais das mulleres que traballan nestes sectores, promovendo a súa inserción laboral, a autonomía persoal e o acceso a recursos dixitais aplicados á mellora da empregabilidade.
Obxectivos do Programa:
- Fortalecer e apoderar as persoas traballadoras do fogar e dos coidados, a través dun acompañamento individualizado que contribúa á mellora das súas condicións laborais e sociais.
- Promover emprego de calidade e en condicións dignas, facendo especial fincapé no coñecemento e exercicio dos dereitos laborais e de seguridade social.
- Impulsar a igualdade de xénero e combater a discriminación múltiple que afecta ás persoas traballadoras do fogar e dos coidados por razón de xénero, orixe ou situación administrativa.
- Favorecer a adquisición e uso funcional de competencias dixitais, incorporando ferramentas TIC e recursos baseados en intelixencia artificial como apoio aos procesos de orientación, procura de emprego e desenvolvemento persoal.
Actividades:
- Itinerarios personalizados de orientación sociolaboral e acompañamento á busca de emprego para traballadoras do fogar e dos coidados.
- Incorporación de recursos dixitais e ferramentas de intelixencia artificial de maneira transversal nos procesos de orientación e acompañamento, adaptadas ao nivel e necesidades das participantes.
Persoas destinatarias: mulleres desempregadas e traballadoras do fogar e dos coidados que buscan mellorar as súas condicións laborais ou acceder a novas oportunidades de emprego.
Este programa está especialmente orientado a mellorar a situación de vulnerabilidade destas mulleres no mercado laboral, fomentando a súa autonomía e igualdade de oportunidades.
Entidade financiadora:
CONCELLO DE SANTIAGO – Igualdade







