Dentro do Programa “Compostela Convive”, imos realizar un curso de Inmersión Lingüística e Cultural e Adestramento nas Novas Tecnoloxías para a Busca de Emprego (actuación subvencionada pola UAMI e Concello de Santiago de Compostela)
Data: do 01 ao 05 de xullo 2024 (5 días)
Duración: 25 horas
Horario: 9h a 14h
Lugar: Centro Sociocultural José Saramago (VITE)
Destinatarias/os: Persoas migrantes desempregadas ou con emprego precario en situación de vulnerabilidade e risco de exclusión social
A través desta formación queremos:
- Fomentar a intercomunicación coa cultura de acollida para facilitar a convivencia intercultural e a integración sociocultural e laboral
- Facilitar a adquisición de habilidades sociais por medio do uso das novas tecnoloxías para o emprego
OBXECTIVO:
Promover a integración sociolaboral e cultural das persoas migrantes na cidade de Santiago de Compostela
CONTIDO:
- Coñecemento e estudo histórico-cultural da sociedade galega e española
- Inmersión lingüística para o desenvolvemento nas linguas oficiais de Galicia
- Competencias dixitais
- Habilidades sociais e de comunicación
- Igualdade de oportunidades entre mulleres e homes
- Preparacion básica competencia clave nivel 2 en Lingua galega
- Dereitos laborais e ferramentas para busca de emprego