Actividade do Programa “Compostela Convive” de 2024, o luns 17 de xuño, imos desenvolver o conversatorio/encontro “ Conexións entre corpo e ambiente para re-existencias”. Neste conversatorio imos xogar e conectar con conceptos relacionados coa problemática socioambiental, para promover unha comprensión máis vivencial do reto climático nos corpos, descubriremos os recursos que temos para artellar accións que poidan reducir os efectos climáticos nas nosas vidas e nas das comunidades para tecer re-existencias.
Dirixido prioritariamente a persoas migrantes desempregadas ou con emprego precario. Esta proposta é para ter un espazo de encontro onde coñecer e compartir experiencias de compañeiras diversas, migradas e/ou racializadas, para contribuír a visibilizar sobre a realidade intercultural no concello de Santiago.
Actividade subvencionada pola Unidade de Atención ás Migracións ( UAMI ) do Concello de Santiago de Compostela.
Enlace páxina UAMI_Unidade de Atención ás Migracións. Concello de Santiago