Dentro do Programa COMPOSTELA CONVIVE imos desenvolver 2 conversatorios, espazos para compartir, crear e tecer rede.
Nunha cidade diversa como Santiago de Compostela, resulta fundamental crear espazos que favorezan o encontro, o diálogo e a participación das persoas migrantes. Con este obxectivo, organízanse dous conversatorios dirixidos principalmente a mulleres migrantes, nos que se abordarán experiencias, retos e aprendizaxes vinculadas aos procesos migratorios desde unha perspectiva intercultural e comunitaria.
“Aquí florecemos” será un encontro participativo centrado na posta en común de vivencias, no recoñecemento de experiencias compartidas e na creación de novas conexións. A través do diálogo e da escoita activa, promoverase a construción de redes de apoio, solidariedade e coidado mutuo entre as participantes. Xoves 26 de xuño ás 17:00 na libraría Aenea.
Pola súa parte, “Sementes creativas” propón un espazo de creación colectiva para reflexionar sobre a migración, a convivencia intercultural e a diversidade. Mediante dinámicas participativas e expresións creativas, traballarase arredor das microviolencias, os estereotipos e as narrativas antirracistas, favorecendo a participación cidadá e a transformación social. Venres 26 de xuño ás 17:00 na libraría Aenea.
Dous encontros para compartir, aprender e fortalecer a comunidade desde a diversidade e o respecto mutuo.









