No marco do Programa “Achegando”, poñemos en marcha un curso de Inmersión Lingüística e Cultural, orientado principalmente ao colectivo de persoas migrantes. Esta formación ten como obxectivo principal promover a integración sociolaboral das persoas participantes na área de influencia do concello de Santiago de Compostela.
Datas: Do 24 de febreiro ao 04 de marzo de 2025
Duración: 35 horas
Horario: De 9:00 a 14:00
Lugar: Centro Sociocultural José Saramago (VITE)
Destinatarias/os: Preferentemente persoas migrantes desempregadas ou en situación de emprego precario, que se atopen en situación de vulnerabilidade ou risco de exclusión social.
Propósito da formación
- Fomentar a interacción coa cultura local, facilitando a convivencia intercultural e a integración sociocultural e laboral
- Desenvolver habilidades sociais empregando novas tecnoloxías aplicadas á busca de emprego
Obxectivos principais
- Achegar o idioma e a cultura da sociedade de acollida ás persoas migrantes
- Promover a adquisición de recursos sociais e dixitais para o desenvolvemento social e laboral
- Facilitar o proceso de recibimento das persoas migrantes a través do coñecemento da sociedade de acollida
- Fomentar a integración e a permanencia no mercado laboral das persoas participantes
Contidos do curso
- Coñecemento histórico-cultural da sociedade galega e española, incluíndo unha visita virtual a un espazo cultural
- Inmersión lingüística orientada á vida diaria
- Competencias dixitais
- Habilidades sociais e de comunicación
- Dereitos laborais e ferramentas para a busca de emprego
- Igualdade de xénero
(Actuación subvencionada a través da ORDE do 27 de xuño de 2023 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades privadas de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social para os anos 2023 a 2025, cofinanciada parcialmente pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria – código de procedemento BS631A)
Se queres máis información ou formalizar a túa inscrición, non dubides en contactar connosco.
Plataforma polo Emprego:
981 58 05 06
698 196 098
604 029 931