No marco do Programa “Compostela Convive” deste ano 2024,  imos desenvolver o domingo 8 de setembro de 2024, a actividade “OBRADOIRO/RECETAS DE COCIÑA INTERCULTURAL”, no paseo central da alameda de Santiago de Compostela, en horario de 13:00 hs.  a 16:30 hs.

Este obradoiro forma parte das actividades interculturais, que contribúen a visibilizar e sensibilizar sobre a realidade intercultural do concello de Santiago, e promoven a convivencia na sociedade galega de acollida.

Actividade subvencionada pola Unidade de Atención ás Migracións (UAMI) do Concello de Santiago.