Dende o 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2023, dentro do Programa CABO DELA-FOMENTO DO APODERAMENTO E A CAPACITACIÓN PROFESIONAL DAS MULLERES, subvencióna pola Deputación da Coruña, poñemos en marcha os Itinerarios de adestramento e habilidades para a busca de emprego e apoderamento persoal, está dirixido a mulleres en risco de exclusión social co obxecto de facilitar a súa inserción socio laboral.
A metodoloxía de traballo será personalizada en relación ás necesidades das participantes:
–Entrevista inicial e deseño do itinerario de inserción socio laboral.
–Tratamento adecuado e personalizado das circunstancias socio familiares, persoais, saúde e vivenda que poidan interferir na súa busca de emprego e formación.
Segundo as necesidades, realizaranse acompañamentos para a adquisición de recursos persoais e sociais. A atención será centralizada nas necesidades que vaian xurdindo.