O aumento da necesidade de apoio das persoas para manter a súa autonomía persoal, xunto aos cambios producidos no ámbito familiar e laboral fan que aumente cada vez máis a demanda de persoal de coidados, tanto no eido familiar coma no profesional. Urxe a importancia dunha formación profesional axeitada e que tamén mellore a empregabilidade das persoas dedicadas a esta actividade.
Dende a Plataforma Polo Emprego, imos impartir o curso: “Técnicas de MOBILIZACIÓN DE PERSOAS DEPENDENTES NO DOMICILIO”, con esta formación queremos mellorar a empregabilidade das persoas participantes, preferentemente desempregadas e/ou con emprego precario, no sector dos COIDADOS.
PROGRAMA:
– Concepto de dependencia
– Marco legal
– Principios básicos na atención á dependencia
– Servizos para atender ás persoas dependentes
– Mobilidade da persoa dependente
– Técnicas de mobilización, traslado e deambulación
– Toma de constantes vitais
– Técnicas de seguridade e primeiros auxilios
– Igualdade de Xénero e Habilidades Sociais
– Técnicas de Busca Activa para o Emprego
– Avaliacións
PARA INSCRIBIRSE, pincha en: AXENCIA LOCAL DE COLOCACIÓN