Dentro do “PROXECTO ESTEO 2022” CAPACITACIÓN DIXITAL PARA A INSERCIÓN SOCIOLABORAL, imos desenvolver as seguintes accións grupais e colaborativas. Grupo 1, do 20 ao 23 de decembro. Grupo 2, do 26 ao 27 de decembro.
OBXECTIVOS:
Crear e apoiar a equipos de persoas en situación de desemprego, en risco de exclusión social, para que ao traveso de distintas ferramentas de traballo grupal e individual (coaching, CAPACITACIÓN DIXITAL , orientación, información, formación, actividades terapéuticas…) se capaciten e fortalezan para a inserción sociolaboral
Dirixido preferentemente a persoas en situación de desemprego e vulnerabilidade ou con emprego precario.
CONTIDOS:
- Inmersión tecnolóxica de competencias dixitais básicas no manexo dos dispositivos móbiles que faciliten a busca de información e manexo das tics.
- Obxectivo profesional e/ou laboral.
- Identificación e análise do perfil profesional das e dos participantes que os levará a definir e establecer itinerarios formativos e profesionais individualizados.
- Adquisición de ferramentas psicosociais, persoais e profesionais dentro do marco grupal.
- Adquisición e actualización nas técnicas e recursos para a procura de emprego.
- Apoio técnico especializado: individual e grupal para o cambio de actitudes.
- Adquisición de recursos para detectar novos xacementos de emprego.
- Preparación e motivación para ofertas de emprego axeitadas ao perfil profesional.