Dentro das actividades de TALENTIA 2018, a Plataforma Polo Emprego,  vai desenvolver un OBRADOIRO DE TALENTO – MENTORING GRUPAL, para mellorar a proxección das habilidades e fortalezas das persoas participantes cara o mercado laboral. Como nun Centro de avaliación/desenvolvemento de calquera gran empresa onde se poderá descubrir as ferramentas prácticas que contribúan a desenvolver e mellorar as capacidades e habilidades, facendo especial fincapé na comunicación verbal e non verbal, a asertividade, a prevención e xestión de conflitos….para que poidan descubrir os teus talentos.

Buscamos reforzar a autoconfianza, a autonomía, as habilidades comunicativas, o auto liderado e o empoderamento, para elo contamos cos profesionais expertos: M. ESTHER PEREIRO SUAREZ (Orientadora Laboral e mentoring persoal) e JORGE SIEIRO FROIZ (Director de RRHH de SAGRES (PARTENON S.L.).

Durante 3 sesións (total 12 horas), traballaremos no autocoñecemento e na indagación apreciativa do talento, no deseño do mapa de talento, no propósito e misión e no coñecemento da realidade do mercado para adaptar o deseño do seu plan de empregabilidade.

Dirixido a: desempregados en xeral interesados en promocionar o seu talento para acadar unha oportunidade laboral acorde ás súas expectativas.

Datas e horario: martes 13 de novembro de 9:30 -14:00 e de 16:00-20:00 h., mércores 14 de 9:30-13:30 h.

Lugar: Palacio de Congresos e Exposicións en San Lázaro. Santiago de Compostela.

Máis información: www.talentia.gal