CURSO DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA E CULTURAL – ORDES

Dentro do Programa ACHEGANDO, imos impartir o curso “INMERSIÓN LINGÜÍSTICA E CULTURAL – ORDES”.

Esta acción formativa vai dirixida principalmente ao colectivo de persoas migrantes, co fin de promocionar a integración sociolaboral das persoas participantes na área de influencia do concello de Ordes.

OBXECTIVOS QUE SE PRETENDEN ACADAR:

  • Achegar o idioma e a cultura da sociedade de acollida ás persoas migrantes
  • Promover a adquisición de recursos sociais e dixitais para o desenvolvemento social e laboral
  • Facilitar o proceso de recibimento das persoas migrantes a través do coñecemento da sociedade de acollida
  • Fomentar a integración e a permanencia no mercado laboral das persoas participantes do Programa

CONTIDOS:

  1. Coñecemento e estudo histórico-cultural da sociedade galega e española, visita virtual a un espazo cultural
  2. Inmersión lingüística para o desenvolvemento da vida diaria
  3. Competencias dixitais
  4. Habilidades sociais e de comunicación
  5. Dereitos laborais e ferramentas para a busca de emprego
  6. Igualdade de xénero

0 replies

Leave a Reply

Want to join the discussion?
Feel free to contribute!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *